viernes, 05 de enero de 2007

RECUPERAR LA ÉTICA EN LOS CONCEJOS

RECUPERAR A ÉTICA

Moitas veces coller a pluma para escribir é un martirio. Todo vai ben cando nos embarga a beleza do mundo que nos envolve. Cando é así, as palabras saen soas para pintar de luz e cores a vida na que vivimos. O problema está cando o que sentimos son tristuras e desenganos polo que vemos que pasa no día a día da política municipal. Daquela, do corazón só saen tristuras e decepcións, expresións de todo o que estamos a ver a cotío no noso entorno. E eses son os sentimentos que nos embargan hoxe ante o derroteiro polo que camiñan algúns dos servidores públicos que temos máis preto dos cidadáns. Os nosos alcaldes. Xa sei que é verdade que non sequitur scientia ex paticularibus. Ou sexa, que “non son todos os que están”.
Pero parece que, en algúns deles, o servizo público trócase nunha solución económica ás suas aspiracións privadas. Perdeuse o medo. Perdeuse a vergoña. Perdeuse a capacidade para distinguir entre o ben e o mal. A perversión dos principios éticos xa non firen a sua conciencia. Son inmunes ó ben e ó mal. Para eles o valor supremo é o poder, é o diñeiro.
Esiximos limpeza e transparencia a quenes se adican o noso servizo. E demandamos que quen se sinta chamado a facelo dende as institucións se adique a corregir os desvíos de aqueles que tanto dano están a facer a sociedade. ¿Por qué se están a calar e non interveñen? Algo ten que escomenzar, xa que logo, a cambear na sociedade. É urxente unha solución a este problema. ¿Qué está a facer a sociedade fronte a corrupción que nos arrodea? ¿Cando vai a deixar de camiñar lá contra lá, e coa cabeza agachada? Pero os políticos que nos gobernan non viñeron de Marte. Sairon da nosa comunidade. ¿Entón, qué está a pasar na sociedade para producir estos enxendros?
Os moitos casos de corrupción que saen na prensa a cotío, fannos vivir nun mundo marcado pola sospeita. Sospeitas de especulación, tráfico de influencias e ocultación fronte ós cidadáns na vida dos nosos concellos. Sospeitas de prevaricacións. Sospeitas de claudicacións ante os dona ferentes que tentan mercar a vontade dos nosos políticos. E hasta tal punto é así que hoxe moitos dos que se adican a política activa son mirados como sospeitosos. ¿Qué está a pasar? ¿Por qué se chegou a ésto?- José Mª Rodríguez

Comentarios

Añadir un comentario
  • Fecha: viernes, 05 de enero de 2007
  •  | 
  • Hora: 21:46

Autor: agremon

Coido que hai que canalizar a rabia que se sinte por dentro alternando ou mellor combinando crítica e construcción: noutro caso, un remata destrozado... sen que lle importe nada a ninguén. E coido que estás nunha liña que vai no bo camiño.