Viernes, 30 de octubre de 2015

SOSTENELLA Y NO ENMENDALLA

           A reclamación dirixida pola Comisión pro Residencia de Ribadeo, presidida polo Alcalde, ó Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, en demanda dos 500.000 euros comprometidos por esa Consellería pra esta residencia, faise esperar. Os días pasan e o tempo aprema, pro o Conselleiro garda silencio. Responde por el, en cambio, un político do PP, o Sr. Balseiro. É un intento, puramente partidista, de xustificar ante o pobo a negativa da Xunta a cumplir coas súas obrigas e com [...]


Leer m?s...

Martes, 27 de octubre de 2015

O PP DE RIBADEO NON FAI POLÍTICA

           As actuacións do alcalde de Ribadeo relacionadas coa nova residencia de anciáns están movidas, segundo denuncia e acusa o PP de Ribadeo nunha nota de prensa do 16 de outubro do presente ano, por un claro interese político. Con esta absurda afirmación, tantas veces repetida que xa cheira a naftalina, refírese o PP a reclamación dos 500.000 euros promovida pola Comisión pro Residencia, presidida polo alcalde de Ribadeo, en favor da construción da nova residencia de anciáns. Acusació [...]


Leer m?s...

Domingo, 18 de octubre de 2015

O PARTIDO PUPULAR E A RESIDENCIA DE RIBADEO

Xa se vía vir. O consenso político pola residencia de Ribadeo rompeuse. Rompeuno o PP. Catro anos de loita pola unidade e o consenso dos portavoces políticos para a consecución dunha residencia para Ribadeo, acábanse de tirar pola borda. Catro anos nos que os portavoces políticos o foron do pobo e non do seu partido. Catro anos nos que o portavoz de entón do PP, o Sr. Valín, que tendo claro a quen representaba, antepuxo os intereses do seu pobo ós intereses do seu propio partido, e que lle c [...]


Leer m?s...

Viernes, 09 de octubre de 2015

AS FEIRAS DAS SAN LUCAS EN MONDOÑEDO

      Velaí un ano mais as San Lucas. Con elas a animación, o bullicio e a vida tornan de novo a Mondoñedo. A esa pequena Cidade, animada capital de provincia en tempos pasados e prestixioso eixe relixioso, cultural e comercial da bisbarra mariñá. Cidade antiga e Sé Episcopal que viviu tempos de prestixio e de sona. Días de prosperidade e de vida nos que a cotío se escoltaban redobrar a porfía as campás da Catedral, da Igrexa Nova, dos conventos das Concepcionistas e da Alcántara, e o toque [...]


Leer m?s...